Baixo o mesmo paraugas

Hoxe, día 3 de decembro, celébrase o Día Internacional da Discapacidade, co lema "Baixo o mesmo paraugas".

 

Este ano, debido a situación sanitaria, o colexio non pode asistir ao acto conmemorativo que celébrase cada ano na praza de María Pita, por iso, quisemos acercar un día tan especial ao noso colexio. O obxectivo deste día é dar maior visibilidade á diversidade funcional que existe na nosa sociedade. Os diferentes colectivos participantes, pedimos unha sociedade máis plural, diversa e inclusiva, unha sociedade que acolla a todos por igual, sin diferencias. Nós como colexio inclusivo, queremos sumarnos a esta petición e reclamar o dereito a ser diferentes.