3.292 Quilogramos de Solidariedade
GRAZAS!
A todos e a todas.
A cada un de vós, a cada un de nós...
A ti, que fixeches carteis.
A ti, que motivaches nas túas clases.
A ti, que trouxeches a furgoneta.
A ti, que colaboraches levando e traendo bolsas.
A ti, que recortaches e preparaches as identificacións.
A ti, que fuches con Grupos Lestonnac ao supermercado.
A ti, que lle lembraches a papá que querías traer comida.
A ti, que fixeches colleita entre os compañeiros e compañeiras.
A ti, que viñeches coordinar co colexio.
A ti, que fuches mercar o día anterior.
A ti, que aínda que pesaban, non deixaches ningún quilogramo na casa.
Xuntas e xuntos...
Fixemos posible outro ano máis que a nosa festa,
a Nena María, fose unha festa para compartir.
3.292 QUILOGRAMOS E 830 EUROS DE SOLIDARIEDADE!