As revistas "Gesto" e "Supergesto" xa están aquí de novo

En febreiro poderás suscribirte para recibilas ti tamén.

Revista "GESTO"

Xesto é a revista misioneira dos nenos. A revista de sempre, a que lían os teus pais ou os teus tíos, pero renovada para vós, os nenos de hoxe.

Nacemos fai 41 anos co desexo de falar aos nenos españois do mundo e das misións. En tan só un ano alcanzamos o medio millón de subscriptores e, catro décadas despois, a revista segue chegando ao corazón de 150.000 nenos que vos informades e entretedes cos nosos testemuños, xogos, reportaxes e noticias sobre a vida misioneira.

Ademais de divertirvos, as nosas páxinas axúdanvos a descubrir o que pasa no mundo, a abrir os vosos ollos a Deus e ás persoas, e a entender, a través das historias dos misioneiros, que merece a pena amar aos demais e entregar o noso tempo e esforzo para axudar aos outros.

 

Revista "SUPERGESTO"

"Supergesto" é unha revista para adolescentes e mozos comprometidos coa misión e que queren colaborar cos misioneiros. A través dos seus artigos, descubriredes a vida destas persoas que se entregan ao servizo dos demais.

"Supergesto" ofrece información sobre os países onde traballan os misioneiros, así como testemuños e entrevistas con eles, e dá a coñecer as campañas misioneiras que realiza OMP para apoiarlles. Tamén presenta as iniciativas de voluntariado misioneiro que os grupos de mozos están a realizar en toda España.

Ademais, "Supergesto" contén apartados dedicados ao entretemento e diversión, como xogos, recomendacións de libros e películas, etc., e ofrece imaxes e mensaxes que poden compartirse nas redes sociais.