EMCM: Renovacións de matrícula 20-21

Dende a Escola de Música Compañía de María queremos agradecervos a todos o voso apoio para poder saír adiante dunha situación tan delicada como a que estamos a vivir.

Sen o enorme traballo de todo o Claustro da Escola de Música e a positiva resposta das familias e do alumnado non sería posible ter rematado este curso e ter a posibilidade de manter todos os postos de traballo e a gran maioría das clases. Grazas.

Dende hoxe luns 25 de maio, ata o venres 12 de xuño, está aberto un primeiro prazo para renovacións da Escola para o curso 2020-2021. Podedes descargar os formularios no apartado web que temos dentro da páxina do Colexio en “Matrícula / Renovacións”.

Nesta ocasión, únicamente imos recibir as inscricións vía email ao noso enderezo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. (non se recollerán na Secretaría do Colexio coma outros anos). Estamos a traballar para que pronto teñamos unha nova web e novos formularios dixitais que faciliten os vindeiros procesos de matrícula.

Teremos dous prazos de renovacións, un agora e outro en setembro sen que en ningún dos casos se pague de novo a matrícula inicial, pero as renovacións realizadas en xuño terán preferencia sobre as de setembro e deixarán os seus horarios pechados antes do verán, mentres que as renovacións realizadas en setembro terán preferencia sobre as novas matrículas para escoller horarios de instrumento, pero sempre sobre o que non quedase escollido no prazo de xuño.

Estamos en conversas coa ANPA e o Club Deportivo para coordinarnos cos prazos das novas matrículas en setembro, antes de rematar o curso actual recibiredes información ao respecto.

Para calquera dúbida escribídenos ao mesmo enderezo ao que hai que enviar os formularios.