FISC: 25 anos de transparencia

Neste 2020 a FISC cumple 25 anos, grazas a todos por comezar e continuar unha andaina de traballo defendendo os dereitos daquelas persoas máis vulnerables, reducindo os muros da desigualdade.

25 anos traballando por un desenvolvemento integral da persoa, 25 anos de diálogo con outras culturas e outras organizacións para buscar o ben común, 25 anos coas persoas no centro dos nosos esforzos.    

Continuando coas boas prácticas que son as bases da ONG dende a súa fundación, mantemos o noso compromiso coa trasnparencia e o bo goberno. A CONGDE (Coordinadora de ONGD de España) renóvanos o selo de Transparencia e Bo Goberno ata o 2022. Na seguinte ligazón pódese descargar o certificado. A Ferramenta de Transparencia e Bo Goberno é unha iniciativa da Coordinadora de ONG para o Desenvolvemento-España, para avaliar obxectivamente a transparencia e o bo goberno das ONG de Desenvolvemento.

Además de auditar e publicar as nosas contas, a transparencia significa mostrar abertamente a engrenaxe dunha organización. É dicir, que contamos de forma clara e pública como funcionamos, como levamos a cabo o noso traballo, como tomamos as decisións e cales son os nosos resultados. Ademais, asegurámonos que esta información esta posta ao dispor de calquera persoa que teña interese en coñecela.

bo gobierno significa que a forma na que se dirixe a organización define ben as responsabilidades das persoas, promove a mellora continua e conta con mecanismos de planificación adecuados. Por iso, este selo garante que en FISC actuamos responsablemente desde o punto de vista económico, social e ambiental.

A ferramenta presenta un sistema de avaliación formado por 10 bloques. Na seguinte ligazón pódense ver os nosos resultados para cada un dos apartados. Na nosa web temos un apartado de Transparencia e Bo Goberno onde publicamos toda esta documentación.