Premio extraordinario de Bacharelato

Nun acto celebrado en Santiago de Compostela o 14 de Febreiro, fíxose entrega do Premio Extraordinario de Bacharelato ao noso alumno Javier Méndez Olmo. 
 
Javier atópase actualmente cursando un grao de enxeñería informática en Edimburgo, Escocia, polo que recolleu o galardón o seu irmán Jorge.
 
Parabéns, Javier!
 

E parabéns a Jorge por tan digna representación!