Gesto e Supergesto

Durante o mes de xaneiro, imos pasar polas clases para ofrecer aos alumnos a subscrición a unhas revistas que levan xa moitos anos entre nós e sempre tiveron moita aceptación.

Trátase de GESTO e SUPERGESTO, unha oportunidade de abrirse a unhas realidades que non saen nos xornais, a televisión ou as redes sociais, pero que axudan á formación integral dos nenos e novos, á vez que ofrece uns valores positivos que poden coñecer e imitar.

Esta é unha proposta que ten o colexio dentro do seu plan de Educación para o Desenvolvemento e que, ademais da xenerosidade económica demostrada por todos os membros da comunidade educativa no DOMUND, nos proxectos da FISC, na campaña de xoguetes e na operación quilo, tamén busca a sensibilización e a oferta de alternativas para crear un mundo máis humano, máis fraterno e máiscristián.

A subscrición á revista GESTO (para alumnos de 3º a 6º de EP; 3 euros-5 revistas) ou SUPERGESTO (para alumnos de ESO e Bacharelato; 5 euros-5 revistas) realizarase enchendo e asinando unha pequena folla que se pasará durante a última quincena do mes, ademais da cota que corresponda (3 ou 5 euros).

Esperámosvos.