FISC: Salongo 2020

Outro ano máis, compartimos a apertura do programa de voluntariado internacional da FISC SALONGO 2020.
 
Como sabedes, este programa ten moita importancia para a FISC, xa que nos permite ofrecer experiencias vitais en países do Sur achegando outras realidades e permitindo completar a formación do noso voluntariado, para conseguir avanzar na construción dunha cidadanía global que respecte os diferentes valores culturais e aprecie a riqueza da diversidade, comprometida coa erradicación da pobreza e a defensa dos dereitos humanos. Ata o 31 de XANEIRO do 2020 está aberto o prazo para recibir as solicitudes, animámosvos a participar e a dar difusión desta convocatoria. Compartímosvos tres documentos:
 
SOLICITUDE SALONGO 2020: Para todas aquelas persoas que desexen participar no programa, deben enviarnos esta solicitude rechea
 
Cuestionario SALONGO 2020: Ademais da solicitude, as persoas que desexen participar, deben enviarnos este pequeno cuestionario motivacional.