1ºEP: Sabela Fernández Trelles

Os alumnos de primeiro de Primaria recibiron unha visita moi especial, a mestra e escritora Sabela Fernández Trelles.

Sabela preparou unhas actividades arredor do seu libro "O ladrón de soños" nas que os nenos participaron con gran entusiasmo e atención, viaxando coa súa imaxinación ao país de Soñovai.