Clases de cultura dos EEUU
Durante as próximas semanas, os alumnos de 5º e 6º de Primaria, da ESO e de 1º de Bacharelato recibirán unha clase dedicada á cultura dos Estados Unidos.
As clases serán impartidas polos estudantes norteamericanos Crystyna Constantino e Gabriel Gervais. Será unha gran oportunidade para escoitar e falar con dous nativos de alí e para aprender sobre o día a día dos nenos e adolescentes naquel país.