Esgrima na Compañía

A semana pasada tivemos a sorte de contar nas nosas instalacións coa visita do Club Esgrima Coruña, que veu a mostrarnos o deporte que practican, que para a gran maioría de nós, é totalmente descoñecido.

Contamos coa presenza de Francisco Pueyo (Directivo e Campión de España), Jose (adestrador e mestre en esgrima), Angeli (tiradora) e Nicolás (tirador) aos cales temos que estar moi agradecidos pola súa colaboración na difusión deste deporte. A actividade estivo dirixida a todos os alumnos dende 4º de Educación Primaria ata 1º de Bacharelato, e consistía na realización dunha clase onde os rapaces aprendían un pouco sobre as orixes da esgrima (único deporte olímpico de orixe española), os seus desprazamentos básicos, combates con material de iniciación, combates eléctricos (con material de competición) e por último unha exhibición dos tiradores do club.

Pinchando aquí, podemos ver a galería fotográfica.