Domund 2019

Este domingo, toda a Igrexa celebra o DOMUND (Domingo Mundial das Misións) e moitos nenos e nenas voluntarios/as do colexio van colaborar indo pola rúa pedindo diñeiro coas huchas. 

Esperamos que lles deades todo o voso apoio e que asinedes a autorización para poder levalas. Grazas a eles e a todos os que colaborastes o ano pasado, recolléronse 86.559,32 euros na cidade da Coruña, dos cales 4369 foron no noso colexio.

Si preferides, tamén se pode colaborar subscribíndose, durante o mes de febreiro, o voso/a fillo/a á revísta Gesto (3 euros-5 revistas) para EP ou Supergesto (5 euros-5 revistas) para ESO e Bacharelato, porque así os vosos fillos reciben unha información útil para a súa formación integral mentres se axuda a manter unhas revistas que transmiten uns valores positivos. Un profesor informará en cada clase e entregará unha pequena folla que hai que devolver cuberta e asinada.

Moitas grazas pola vosa axuda.