Stembach: Naukas

O alumnado de Stem de 1º e  2º de Bacharelato  asistíu dende o 19 ao 22 de setembro ao congreso de divulgación científica Naukas, en Bilbao, un dos mais importantes eventos de divulgación científica do estado.

Charlas de 10 minutos de astronomía, xenética, medicina,  matemáticas, xeoloxía, arte, aderezadas con concertos, monologos, audiovisuais... ca divulgación científica como eixo vertebral.

Pinchando aquí, podemos ver a galería de fotos entre as que temos entre outras instantáneas co neurocientífico Xurxo Mariño , o monologuista Oswaldo Digon e co youtuber quantumfracture.