2ºEP: Día Mundial do Teatro

O pasado mércores 27 de marzo Segundo de Primaria celebrou o Día Mundial do Teatro con varias actividades.

A primeira foi na biblioteca, Eva Fernández faloulles aos nenos sobre o traballo dos actores, salientando a importancia do esforzo e o traballo en equipo, así como a paixón e o amor pola profesión que cada quen exerce. Despois puideron disfrutar no salón de actos do colexio da obra de teatro "A verdadeira historia dos tres porquiños e o lobo" da compañía Teatro do Andamio, obra que salienta os valores da igualdade e a solidariedade.