1ºBach: Visita RNE

O alumnado de 1º de Bach de Humanidades e Ciencias Sociais visitou o centro de Radio Nacional de España na Coruña. 

A visita tivo lugar o pasado 26 de marzo de 2019 e permitulles achegarse ao papel que este medio de comunicación xoga na sociedade. As antigas radios dos anos 40 chamaron a atención dos/as alumnos/as sobre un medio que está en permanente adaptación. Mediante as explicacións de José Luis, o noso guía e técnico de grabación dos estudos, achegáronse ao día a día dos xornalistas. Os seus compromisos profesionais, pequenos exercicios para falar en público con seguridade ou as transformacións que implican as redes sociais na comunicación, foron asuntos tratados. 

O centro de RNE na Coruña é responsable dos informativos territoriais de Galicia polo que foi posible facer uns boletíns de noticias, unha experiencia que converteu en locutores aos estudantes de 1º de Bacharelato. 

Pinchando aquí, podemos ver as todos da visita.