Bach.STEM: Ángel Carracedo

O pasado xoves 28 de febreiro, tivo lugar un encontro entre o doutor e experto xenetista Ángel Carracedo e os alumnos do bacharelato STEM do colexio.
 
Nel, ademais de explicar as distintas liñas de investigación nas que está a traballar no seu laboratorio do Centro de investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CIMUS) , houbo momentos máis íntimos nos cales contou anécdotas da súa infancia no colexio en Santa Comba e explicounos as razóns que lle levaron a estudar xenética. Foi unha charla de grande interese científico e que, ao mesmo tempo, resultou moi motivadora para os nosos alumnos por parte dunha persoa exemplar no persoal e no profesional como Ángel Carracedo. Ao rematar a charla os alumnos formuláronlle preguntas sobre o desenvolvemento do proxecto de investigación que levan a cabo, o cal está co-titorizado polo departamento de Biomatemáticas do CIMUS e o de Bioloxía do Colexio.
 
Pinchando aquí, podemos ver as fotos do encontro.