Horta: trimestre

Este trimestre foron terceiros e cuartos de primaria os protagonistas na nosa horta ecolóxica. Con verdadeiro interese e moita ilusión levaron a cabo todas as tarefas de labranza para sementar estes días.

Agora esperamos orgullosos que medren os nosos froitos: leitugas, coles lombardas, chícharos, acelgas, cebolas, allos, cenorias, e tamén plantas aromáticas e flores! No noso recuncho verde aprendemos desfrutando!

Pinchando aquí, podemos ver as fotos da horta.