Biblioteca
Facendo click na seguinte imaxe, accederedes ao blog da Biblioteca:
Información Xeral:
Considerando a importancia da lectura no proceso evolutivo do alumnado e valorando a súa necesidade no desenvolvemento do aprendizaxe, o centro imparte en horario escolar a actividade de Biblioteca desde 4º de E. Infantil ata 6º de E. Primaria.
No noso colexio entendemos a biblioteca como xerador de experiencias lectoras e de aprendizaxe, traballando de xeito específico a competencia informacional (ler para aprender), sendo un referente cultural da nosa escola.
Horario: E. INFANTIL e E. PRIMARIA Horario de entrada libre para todo o alumnado: - De luns a xoves de 17:30 a 18:30 h. - Venres de 15:30 a 17:30 h. Ademáis, para o alumnado de comedor: - De luns a xoves de 14:00 a 15:30 h. - Venres de 14:30 a 15:30 h. Dende o curso 2017-18 para o alumnado de 5º, 6º, 1º e 2º de ESO: - De luns a xoves de 15:30 a 17:30 h.
|
|
|
ESO E BACHARELATO Horario de entrada libre. - Luns e martes: de 14:30 a 17:30h - Mércores e xoves: de 15:30 a 17:30h O horario da biblioteca no curso 2020-21 sufriu modificacións debido ás adaptacións dos espazos para combatir o COVID-19.
|
![]() |
No curso 2016-17 a nosa biblioteca foi seleccionada para ocupar unha das dez plazas que a Xunta ofertou para centros privados concertados de toda Galicia e así entrar a formar parte no PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLAES.
Que é o PLAMBE? Un programa de innovación educativa que procura incentivar e impulsar o desenvolvemento de proxectos de biblioteca escolar que recollan:
a) A organización, actualización e dinamización da biblioteca de centro, entendida como un centro de recursos de lectura, información e aprendizaxe.
b) A súa contribución á mellora dos procesos de ensinanza e de aprendizaxe e á adquisición das competencias clave do alumnado.
c) O concepto de alfabetización múltiple (ou multialfabetismo) á hora de abordar a formación lectora do alumnado.
d) O deseño e desenvolvemento de programas para a adquisición de competencias informacionais e mediáticas, é dicir, as competencias de uso, tratamento e produción de información nos diferentes soportes e formatos, así como o tratamento das linguaxes dos diferentes medios de comunicación.
e) A imprescindible integración da cultura impresa e da cultura dixital.
f) A realización de actividades de formación de usuarios das bibliotecas e os seus recursos.
g) O papel da biblioteca escolar no desenvolvemento do Proxecto lector de centro.
h) O fomento da lectura e da escritura.
i) A contribución da biblioteca á compensación das desigualdades sociais e á calidade do ensino que se imparte no centro.
l) As posibilidades que ofrece para a incorporación de metodoloxías innovadoras e consecuentes coas necesidades educativas actuais.
m) A implicación da biblioteca en actividades de extensión cultural destinadas a toda a comunidade escolar.