Entrega diplomas STEMBach

O alumnado de 2º de Bacharelato que cursou o Bacharelato de Excelencia en Ciencias e Tecnoloxía, STEMBach, recolleu este mes de xuño os diplomas acreditativos da devandita modalidade.

O venres 10 de xuño, a Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela acolleu o acto de entrega de diplomas ao alumnado que contou para os seus proxectos coa colaboración de investigadoras da USC: Ane Fernández, Sisenando Martínez, Marta Duckworth, Jia Lin Song, Natalia Rivera e Ana Novás.

O martes 21 de xuño, o Reitorado da Universidade da Coruña (UDC) acolleu o acto de entrega de diplomas ao alumnado que contou para os seus proxectos coa colaboración de investigadores da UDC: Ana Robles, Iago Alés, Eva Ojea e Javier Amigo. No acto de entrega, o noso alumnado estivo acompañado das súas familias, do profesorado de STEMBach do colexio, dos investigadores e directores dos proxectos pertencentes á universidade, do conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, dos reitores das universidades, así como das diferentes autoridades universitarias.