Mellores expedientes ABAU
O pasado mércores 22 de xuño tivo lugar no Salón de Plenos do Palacio Municipal da Coruña unha recepción aos 14 estudantes de centros da cidade con mellores expedientes na ABAU. A nosa alumna Marta Duckworth Juárez estaba entre eles.
E o xoves 23, a Universidade de Santiago de Compostela celebrou o Acto de Recoñecemento ao alumnado con mellores cualificacións tras as probas de acceso á universidade.
Recibiron este homenaxe oito alumnos do noso Colexio: María Álvaro Casasola, Paula Álvaro Casasola, Inés Ling Delgado Domínguez, Marta Duckworth Juárez, Martín Jiménez López, Lucía Martínez Silva, Yago Mosquera Sangil, e Cristina Nieto Quiñónes.
Parabéns a todos!
![]() |
![]() |
![]() |