Bring me the bill...please!

Alumnado do primeiro ano de Pluribach foron protagonistas na recente estrea no colexio da obra de teatro en lingua inglesa, “ Bring me  the  bill… please!” 

O 11 de maio os alumnos de 4º de ESO acudiron ao salón de actos do colexio para asistir á estrea de “ Bring me  the  bill… please!”, unha comedia que segue a sorte de dous mozos, un mozo e unha moza, nunha serie de citas románticas atarefadas. 

O público gozou moito da obra, ovacionando de pé aos actores ao finalizar a representación. O vindeiro mércores, 18 de maio, o elenco, composto de oito alumnos do 1º de Bacharelato, ofrecerá outra actuación matinal, esta vez aos alumnos de 3º de ESO. 

A última función terá lugar o venres 20 de maio, ás 19:00 h, no salón de actos do colexio. Todos os membros da comunidade educativa están convidados a asistir, sendo a obra recomendada para todos os públicos. 

Picando aquí, podemos ver o resto de fotografías.