Preparación da Confirmación

Durante este curso, algúns rapaces e rapazas de 4º da ESO estiveron a prepararse no primeiro ano de formación para recibir o sacramento da confirmación. 
Tivemos algunhas reunións no primeiro trimestre e, logo, fixemos unha actividade chamada Alpha School, coordinada coa diócese e desenvolvida por xoves voluntarios da Delegación de Xuventude que viñan a compartir o seu tempo despois dos seus estudos. Creouse un clima moi agradable e enriquecedor, compartindo dúbidas e experiencias, risas e silencios. Incluso participaron nunha convivencia en Santa Cruz, xogando a varios deportes, cantando e participando con moito entusiasmo nas actividades propostas. Foi unha ledicia para todos.
 
 
Picando aquí pódense ver algunhas fotos deste primeiro ano.