Ano Santo Compostelán 2021-22

Por fin chegamos ao final do noso CamiñoPicando aquí, pódese escoitar o programa da etapa: Sigüeiro - Santiago. Agora, toca volver, descansar no verán e repoñer forzas para o curso que ven.....

 

Estes viaxeiros veñen de lontano percorrendo un camiño milenario, o Camiño de Santiago, que foi declarado no ano 1987 como primeiro Itinerario Cultural Europeo polo Consello de Europa, que a UNESCO declarou Patrimonio da Humanidade en 1993 e que recibiu en 2004 o premio Príncipe de Asturias da Concordia.

O noso colexio quere contribuir ao seu coñecemento compartindo un programa de radio ("Camiño en Compañía") feito polo alumnado que agora está en 2º de Bacharelato. Aquí poderedes encontrar información sobre tres das moitas vías posibles: o Camiño Francés, o Inglés e o Portugués.

Cada semana, aparecerá unha ligazón a un programa novo para que o poidades desfrutar tanto como nós facéndoo.

Boa viaxe e Ultreia!