Artistas galegas con Haití

Dende o 10 ata o 30 de novembro a galería de arte da Fundación Araguaney-Puente de Culturas acolle a exposición “Artistas Galegas con Haití”, organizada pola nosa delegación de FISC Galicia.

Unha exposición solidaria en beneficio de Haití, que forma parte da campaña de emerxencia iniciada pola FISC para apoiar o país.

42 pinturas e fotografías realizadas por 31 mulleres artistas de diferentes puntos de Galicia, doadas con gran xenerosidade, co fin de axudar a un dos países máis empobrecidos do planeta.

Para máis información, pica aquí.