Semana da Arquitectura

 

Con motivo da semana da Arquitectura, adicada este ano ao centenario da Cidade Xardín da cidade, O Concello, xunto coa Universidade da Coruña (ETSAC) e a Fundación Luis Seoane, organizaron unha serie de visitas ao barrio.

A última xornada, o 7 de outubro, rematou coa vista ao noso colexio, un edificio moi representativo no conxunto. Visitáronse algúns dos espazos mais representativos, reconstruíndo as orixes e as distintas reformas e ampliacións ao longo do tempo. A visita, foi o peche das xornadas, e rematou na capela, reformada por Milagros Rey Hombre no 1962, primeira arquitecta galega e ex-alumna do centro, unha das súas primeiras obras.