Mellores resultados ABAU 2020

O 31 de xullo, fomos convidados pola Alcaldesa da Coruña a unha recepción no Salón de Sesións do Pazo Municipal.

O motivo foi que tivemos dous alumnos de 2º Bacharelato entre os 10 estudantes de Centros da cidade que acadaron mellores resultados tras as probas de avaliación de bacharelato para o acceso á Universidade.Todos os nosos parabéns para Carlos Chico Vila e Pelayo Vieites Pérez.