STEMbach: Proxectos de investigación

O mércores 10 de xuño, tivo lugar no Colexio, a exposición e defensa dos proxectos de investigación do STEMBach-Bacharelato de Excelencia en Ciencia e Tecnoloxía, co doutor Ángel Carracedo, como presidente do tribunal avaliador.

Os proxectos de investigacións do alumnado participante foron co-titorizados por dúas investigadoras principais do departamento de Bioestadística do CIMUSCentro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas da USCUniversidade de Santiago de Compostela.

O alto grao de desenvolvemento do STEMBach no Colexio Plurilingüe Compañía de María de A Coruña, centro pioneiro neste programa en Galicia, contribúe a favorecer no seu alumnado o afondamento no traballo das competencias matemática e en ciencia e tecnoloxía mediante os elementos e procedementos da investigación e dos métodos científicos, dun xeito rigoroso, ordenado e crítico para poder realizar investigacións propias, o que lles permite coñecer as aplicacións reais da ciencia e a técnica e adquirir unha formación actualizada e autónoma, cun pleno desenvolvemento das competencias dixitais e favorecendo tamén os seus próximos estudos universitarios.

Pinchando aquí, podemos ampliar a información sobre esta modalidade de Bacharelato.