EMCM: Traballo non presencial e recibos

Como xa sabedes por medio do Colexio, dende o luns 16 de marzo, os centros educativos estamos obrigados a pechar.

Dende a Escola de Música continúase coa actividade educativa a distancia dende o primeiro día tanto para as materias individuais como as grupais, polo que as cotas dos recibos continuarán sendo as habituais.

Agradecendo o esforzo que todos estamos a facer, e tendo en conta que non todos os fogares teñen as condicións idóneas para manter unha actividade educativa telemática, quérese facilitar ás familias a posibilidade de darse de baixa mentres dure esta situación. Por iso, aquelas familias que polas circunstancias non teñan a opción de seguir o traballo online deberán comunicalo, por razóns organizativas, antes do día 9 de abril ou maio ó email da Escola: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..