Ano Santo Compostelán 2021-22

Santiago de Compostela, e Galicia están a recibir a milleiros de pelegríns que queren celebrar connosco o Ano Xacobeo. 

Comeza a segunda etapaPicando aquí, pódese escoitar o programa da primeira etapa do Camiño Francés.

Estes viaxeiros veñen de lontano percorrendo un camiño milenario, o Camiño de Santiago, que foi declarado no ano 1987 como primeiro Itinerario Cultural Europeo polo Consello de Europa, que a UNESCO declarou Patrimonio da Humanidade en 1993 e que recibiu en 2004 o premio Príncipe de Asturias da Concordia.

O noso colexio quere contribuir ao seu coñecemento compartindo un programa de radio ("Camiño en Compañía") feito polo alumnado que agora está en 2º de Bacharelato. Aquí poderedes encontrar información sobre tres das moitas vías posibles: o Camiño Francés, o Inglés e o Portugués.

Cada semana, aparecerá unha ligazón a un programa novo para que o poidades desfrutar tanto como nós facéndoo.

Boa viaxe e Ultreia!