Tarxetas solidarias de nadal

Un ano máis, fruto da colaboración entre a materia de plástica de 3ºESO e a área de Voluntariado do Colexio, fixemos entrega das tarxetas de Nadal á Parroquia dos Franciscanos para que as repartan xunto coas campañas solidarias que teñen nas vindeiras datas. 
 
 
Grazas a todos polo esforzo e que desfrutedes dunhas felices festas.