Como executar unha boa exposición oral

Un ano máis os alumnos de 3º de ESO tiveron a oportunidade de poder escoitar consellos e trucos para poder abordar unha exposición oral sen problemas.

Catro integrantes veteranos do equipo de debate, Cris, Jaime, Lucía e María volveron a ser os encargados de facelo.

Este ano foi especialmente emotivo pois será o último curso que teñamos a sorte de telos no colexio.

Moitas grazas por compartir os vosos coñecementos e experiencias de todos estes anos!