STEMbach: Proxectos de investigación

Hai uns días tivo lugar no Colexio a exposición e defensa dos proxectos de investigación do STEMBach-Bacharelato de Excelencia en Ciencia e Tecnoloxía, cos doutores Ángel Carracedo e Carlos Dafonte como presidentes dos tribunais avaliadores.

 

Os proxectos de investigacións do alumnado participante, relacionados coa xenética e a astrofísica, foron co-titorizados por Raquel Cruz Guerrero e Cristina Rodríguez Fontenla, investigadoras principais do departamento de Bioestadística do CIMUSCentro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas da USCUniversidade de Santiago de Compostela, e Minia Manteiga Outeiro, catedrática de Astronomía e Astrofísica da Universidade de A Coruña.

 

Os proxectos presentados foron:

  • Estima de cor de ollos e pelo en subpoboacións españolas

Sira García, Ignacio Souto

  • Caracterización clínica e xenética da infección por COVID-19 en pacientes galegos

Javier Arcay, Paula Viéitez

  • Estudio dos tipos celulares neuronais implicados na patoxénese dos TEA e TDAH

Inés Saiz, Nicolás Sánchez

  • Propiedades das poboacións estelares dos cúmulos M44 e M45

Diego Cousillas


 

 

 

 

O alto grao de desenvolvemento do STEMBach no Colexio Plurilingüe Compañía de María de A Coruña, centro pioneiro neste programa en Galicia, contribúe a favorecer no seu alumnado o afondamento no traballo das competencias matemática e en ciencia e tecnoloxía mediante os elementos e procedementos da investigación e dos métodos científicos, dun xeito rigoroso, ordenado e crítico para poder realizar investigacións propias, o que lles permite coñecer as aplicacións reais da ciencia e a técnica e adquirir unha formación actualizada e autónoma, cun pleno desenvolvemento das competencias dixitais e favorecendo tamén os seus próximos estudos universitarios.

 

 

Picando aquí, podemos ampliar a información sobre esta modalidade de Bacharelato.