Torneo Galego de Debate Escolar

7-2-20

Campións de Galicia no II Torneo académico de debate!

Parabens polo traballo ben feito, por ser un exemplo de compromiso, de traballo en equipo. Grazas por darlle sentido a nosa labor educativa!

3-2-20

Hoxe rematou a fase clasificatoria do Torneo. Xa estamos en octavos de final! Parabéns, equipazos!

31-1-20

O venres gran debut do equipo 1 de Compañía de María. Parabéns!

O luns ás 17.30 na Fundación Barrié de la Maza último debate desta fase eliminatoria. Desexámoslles moita sorte!
 
28-1-20
 
Hoxe, de novo, unha brillante actuación do equipo 2 de Compañía de María. Agora a esperar as clasificacións definitivas para octavos de final. O venres debutará o equipo 1.
 
Desexámoslles moita sorte!
 
27-1-20
 

Hoxe comezou o II Torneo Galego de Debate Escolar. O equipo 2 de Compañía de María realizou dous debates na tarde de hoxe, cunha excelente actuación de todo o equipo.

Mañá terá lugar o último debate desta fase para o equipo 2. Parabén a todo o equipo.

Mañá seguiremos debatendo: "Democracia versus tecnocracia. Cal é o mellor sistema de goberno para afrontar os retos da UE no século XXI?".