Admisións Curso 2021-22 - EI, EP, ESO
Este ano, como novidade, é necesario pedir cita previa para presentar a documentación no centro chamando ao 981 250 350
CALENDARIO
- Presentación das solicitudes de admisión: do 1 ao 22 de marzo. (O día 19 de marzo o centro permanecerá pechado por ser día non lectivo)
- Notificación do centro respecto ao número de solicitudes presentadas: o 23 de marzo (no caso de que o número de solicitudes sexa superior ao número de prazas ofertadas no nivel correspondente, solicitarase a presentación da documentación xustificativa).
- Presentación da documentación acreditativa dos puntos: do 25 de marzo ao 15 de abril (recomendamos que se presente xunto coa solicitude debido á situación actual sanitaria).
- Publicación das listaxes provisionais: o 23 de abril (a partir das 18 horas no taboleiro de anuncios do centro).
- Presentación de reclamacións no centro: do 26 ao 30 de abril.
- Publicación das listaxes definitivas: o 14 de maio (a partir das 18 horas no taboleiro de anuncios do centro).
- Formalización da matrícula para Educación Infantil e Educación Primaria: do 21 ao 30 de xuño.
- Formalización da matrícula para E.S.O.: do 25 de xuño ao 12 de xullo.
- Formalización da matrícula para E.S.O. (prazo extraordinario): do 1 ao 10 de setembro.
SOLICITUDES PRESENTADAS
Pinchando aquí, pódense ver as solicitudes presentadas.
OFERTA DE PRAZAS
- 4º Educación Infantil (3 anos): 75 prazas*
- 1º ESO: 10 prazas*
- 4º ESO: 2 prazas
*Segundo a Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG 145/03/2013) nove prazas ESTÁN RESERVADAS para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.
As prazas reservadas non adxudicadas a este alumnado asignaranse conforme o procedemento ordinario.
SOLICITUDES
A Xunta de Galicia dispón dunha aplicación de xestión das solicitudes de admisión: www.edu.xunta.es/admisionalumnado/
As familias poden cubrir o formulario de admisión a través do menú seguinte: Solicitudes - Admisión - Crear. Feito isto, poden optar por:
- Imprimir dito formulario e achegalo ao centro educativo no que se solicite praza en primeiro lugar.
- Se dispoñen de certificado dixital ou Chave365, presentalo en Sede Electrónica a través da aplicación.
As familias que utilicen esta aplicación, con calquera das dúas opcións, poderán consultar o estado de tramitación das súas solicitudes na mesma aplicación utilizando o código de solicitude e o número de DNI da persoa solicitante.
Nembargante, para quen o queira cubrir a man, poden descargalo aquí. Tamén se pode recoller na Conserxería do noso centro, cando se abra o prazo.
Cada alumno/alumna só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar, advertindo que a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que podan corresponderlle.
Todo o alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.
O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.
DOCUMENTACIÓN
Xunto coa solicitude de admisión deberá achegarse a seguinte documentación:
- Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar,cando denegue a súa consulta.
- Documento acreditativo do requisito de idade do/da alumno/a.
- Documento acreditativo de estar en disposición de reunir os requisitos académicos esixidos en cada nivel educativo ou etapa (segundo o Anexo II da solicitude).
- Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, se é o caso.
Debido á situación sanitaria actual, recomendamos que se presente xunto coa solicitude a documentación xustificativa dos criterios xerais de admisión alegados pola persoa solicitante.
IMPORTANTE: Este ano, como novidade, é necesario pedir cita previa para presentar a documentación no centro chamando ao 981 250 350.
CRITERIO COMPLEMENTARIO DO CENTRO
O criterio complementario aprobado polo CPR Plurilingüe Compañía de María de A Coruña cunha valoración de 1 punto é:
- Parentesco ata primeiro grao en liña recta - fillos/as - con antigos/as alumnos/as da Compañía de María.
A acreditación deste criterio xustificarase mediante certificación por parte do Colexio Compañía de María na que conste o nome do pai ou nai do solicitante e os estudios cursados coa súa data correspondente.
INFORMACIÓN DE INTERESE
Horarios e Servizos complementarios
Área de influencia CPR Plurilingüe Compañía de María de A Coruña
Resultado sorteo das letras a efectos de resolución de desempate