Dinamización Lingua Galega

 

 

A escola é un dos primeiros espazos onde o individuo se forma en todo tipo de aprendizaxes e materias entre as que cobran especial relevancia as linguas. Desde as etapas máis temperás o alumnado irá adquirindo unha maior competencia lingüística e mellorando as destrezas comunicativas que lle serán fundamentais para o seu desenvolvemento integral, tanto dende o punto de vista académico como persoal. O sistema educativo deberá garantir, logo, o dominio das linguas oficiais de Galicia, galego e castelán, e favorecer o coñecemento de linguas estranxeiras, tan necesario na sociedade multicultural e globalizada na que vivimos.

A dinamización lingüística debe ser, polo tanto, unha acción planificada global e transversalmente, flexible, integradora, consensuada e adecuada á realidade educativa, tarefa que pretende levar a cabo o Equipo de Dinamización da Lingua Galega deste centro.

 

 

PROXECTO DE FOMENTO DO USO DO GALEGO (CURSO 20-21)