Pluribach

Os alumnos que elixen o noso programa de  Pluribach benefícianse da experiencia de moitas maneiras:

·  Desenvolven unha variedade de habilidades lingüísticas que son e serán transferibles a toda situación comunicativa nas súas vidas persoais e profesionais.

·  Prepáranse para un futuro profesional onde se sentirán a gusto desenvolvéndose en lingua inglesa.

·  Fanse máis conscientes das vantaxes interpersoais e interculturais ligadas á aprendizaxe de idiomas; gañan autonomía persoal, gozan cooperando e creando xuntos como parte dun equipo, melloran a súa capacidade de memoria e concentración, e aumentan a autoestima.

·  Prosperan cunha metodoloxía activa e participativa, que fomenta o respecto, a axuda e a confianza mutua.

 

O enfoque activo das materias, impartidas ambas en inglés, fainas especialmente útiles e interesantes:

·  “Universal Literature”, con 4 horas de clase á semana en 1º de bacharelato, e integrada como materia optativa do curso, prepara ao alumnado para debater sobre os grandes escritores e as grandes obras literarias, os personaxes, os contextos, as problemáticas descritas... A través de proxectos e presentacións, o alumnado mellora o seu nivel de inglés á vez que os seus coñecementos sobre as obras mestras da literatura.

·  “Oral Expression”, materia extracurricular con dúas horas á semana durante os dous cursos de bacharelato, axuda ao alumnado para mellorar as súas habilidades lingüísticas coa preparación dunha obra de teatro en 1º de bacharelato, e cunha formación específica e especializada en presentacións orais, entrevistas e debates, en 2º de bacharelato.

 

Ao finalizar bacharelato, o alumnado que cursou Pluribach ten unha mención especial no seu historial académico.