Uniforme

NOVO UNIFORME

Estimadas familias:

Como xa vos anunciamos, no curso 2017-2018 iniciaremos un proceso de cambio do uniforme coa finalidade de que sexa o mesmo para todos os colexios da Compañía de María de España.

Para 1º curso de E. Infantil (3anos) non haberá cambio. Os alumnos seguirán a empregar o mesmo chándal.

Para o resto dos cursos o uniforme e o chándal de E. Física será o modelo que podedes ver na páxina web do colexio ciamariacoruna.org na sección de servizos. A compra podedes facela no Corte Inglés ou on-line (www.montysport.es). A prenda exterior pode ser azul mariño ou gris e os zapatos negros ou azul mariño.

Durante tres cursos o alumnado poderá seguir empregando o uniforme e chándal actuais.

Como sabedes, o uniforme é obrigatorio ata 2º de ESO. A partir de 3º de ESO o alumnado que non veña de uniforme debe asistir ao colexio coa vestimenta axeitada.

Pedimos a vosa colaboración para que o uniforme empregado, tanto o vello coma o novo, sexa o establecido. Lembrade que as alumnas poden escoller entre saia de cadros ou pantalón gris e que o longo da saia non poderá superar de 9 a 11 cms. por riba dos xeonllos.

Grazas pola vosa colaboración.

A Dirección.

 

Pinchando aquí, podemos ver fotos do novo uniforme.

 

NOTA SOBRE A COMPRA DO NOVO UNIFORME

O uniforme pódese comprar no "Corte inglés" ou on- line directamente á fábrica.

Co pago correspondente, a empresa envíao ao domicilio familiar. O colexio non pode comprometerse á recepción de uniformes.

Acceso a través da web do fabricante: www.montysport.es / Tenda on line uniformes escolares / tenda on line / Crear conta (email e contrasinal) / Código para os uniformes de Compañía de María " juana0616-Cor".

Para calquera dúbida ou problema tedes a vosa disposición o teléfono de MONTY : 983 3580 99    

 

UNIFORME

O alumnado de 4º de E. Infantil (3 anos) emprega o chándal reglamentario.

O uniforme é obrigatorio de 5º de E. Primaria  ata 2º de ESO. A continuación lembramos as súas características:

Alumnas: Saia de cuadros, blusa ou polo branco de manga pequena ou longa; xersei, chaqueta ou sudadeira azul mariño; zapatos negros ou azul mariño e  calcetins, medias ou pantys  azul mariño (non están permitidas as calzas). A prenda de abrigo, calquera que sexa, trenza, anorak, abrigo, etc. será obligatoriamente azul mariño.

(O longo da saia non poderá superar de 9 a 11 cms. por riba dos xeonllos).

Alumnos: Pantalón gris; polo ou camisa branca; xersei ou sudadeira azul mariño. O resto do uniforme igual ao das rapazas.

A partires de 3º de E.S.O., o alumnado que non veña de uniforme, debe asistir ao Colexio coa vestimenta axeitada.

O chándal de Educación Física é obligatorio para todos os cursos de 1º de Primaria ata 1º de Bacharelato, ambos inclusive.