Proxecto Lingüístico

Desde unha educación aberta ao mundo impulsamos a liña pedagóxica do noso Proxecto Educativo"Educar na vida e para a vida".

Vemos a aprendizaxe dos idiomas desde o desenvolvemento da competencia lingüística, unha competencia que estrutura o pensamento e é clave para o desenvolvemento doutras aprendizaxes.

Desenvolvemos as destrezas necesarias para que os nosos alumnos ábranse ao mundo e  afronten a globalización na que vivimos.

 

 

O Colexio Compañía de María é un centro Plurilingüe nos niveis de E. Primaria e ESO.

O profesorado do centro ten como obxectivo que o alumnado teña competencia nas dúas linguas oficiais: L. Galega e L. Castelá , e na L. Inglesa.

Conta co apoio de tres profesores auxiliares de conversa nos niveis de E. Infantil, ESO e Bacharelato.

Educación Infantil

A lingua materna determínase de acordo coa consulta ás familias ao comezo do curso escolar . Atenderase ao alumnado tendo en conta a súa lengua materna (que pola situación do centro é o castelán)

Tendo en conta os obxectivos propostos para a consecución das competencias básicas, adoptaremos un ENFOQUE GLOBALIZADO para o deseño das nosas propostas didácticas en galego e castelán.

Así, integraremos a aprendizaxe da lingua estranxeira nas áreas de coñecemento do segundo ciclo da educación infantil e levaranse a cabo actividades extraescolares plurilingües.

O profesorado usará a lingua materna predominante e propiciará que o alumnado adquira coñecementos de forma oral e escrita da outra lingua.

O alumnado de E. Infantil recibe 3 horas semanais de expresión oral en L. Inglesa, unha destas horas é impartida por unha profesora auxiliar de conversa nativa.

 

Educación Primaria

Nesta etapa garantízase a adquisición da competencia lingüística propia da etapa e do nivel nas dúas linguas oficiais de Galicia. As materias de Lingua Castelá e Lingua Galega impártense no idioma de referencia e impártense en L. Inglesa as seguintes áreas:

1º , 2º e 3º de E. Primaria: L. Inglesa, Science (C. da Natureza), E. Artística (Plástica) e E. Física                   

4º e 5º de E. Primaria: L. Inglesa, Science (C. da Natureza) e E. Artística (Plástica).

6º Primaria: L. Inglesa, Science (C. da Natureza), E. Artística (Plástica) e TIC.

O alumnado de E. Primaria recibe 3 horas semanais de expresión oral en L. Inglesa, unha destas horas é impartida por un profesor auxiliar de conversa nativo.

 

Educación Secundaria:

Nesta etapa garantízase a adquisición da competencia lingüística propia da etapa e do nivel nas dúas linguas oficiais de Galicia. As materias de Lingua Castelá e Lingua Galega impártense no idioma de referencia e impártense en L. Inglesa as seguintes materias:

1º ESO: L. Inglesa, Investigación e Tratamento da Información e Relixión.

2º , 3º e 4º de ESO: Música e Relixión.

Ademáis destas tres Linguas, o alumnado de 1º e 2º de ESO, estuda como segunda Lingua estranxeira a L. Francesa e ofértase a devandita Lingua como materia opcional en 3º, 4º de ESO e Bacharelato.

 

O alumnado de ESO recibe 3 horas semanais de expresión oral en L. Inglesa, unha destas horas é impartida por un profesor auxiliar de conversa nativo.

 

Bacharelato:

O Bacharelato non é plurilingüe, non obstante, impártese en L. Inglesa a Relixión e ofértase como materia opcional a L. Francesa.

O alumnado de Bacharelato  recibe 3 horas semanais de expresión oral en L. Inglesa, unha destas horas é impartida por un profesor auxiliar de conversa nativo.

 

Intercambios:

- O ALUMNADO DE 3º DE ESO que cursa L. Francesa,  realiza un intercambio cos alumnos-as do  Colexio S. Stanislás de Nantes (Francia).

- O ALUMNADO DE 3º DE ESO que o desexa realiza unha estadía no Reino Unido.

En ambas actividades os alumnos-as están acompañados-as polo profesorado do Colexio.

- Co fin de favorecer a competencia en linguas estranxeiras, o Colexio favorece a estadía do alumnado en outros países.

- No verán, o alumnado de E. Infantil e E. Primaria, pode participar nun Campamento de inmersión lingüística en L. Inglesa que se leva a cabo nas instalación do centro cunha Academia de L. Inglesa que dispón de profesorado nativo.