Solidariedade

Desde o desexo de comprometernos cos demais, especialmente cos máis desfavorecidos, programamos distintas “accións solidarias” que sensibilizan e educan a toda a Comunidade Educativa.

Tomar conciencia das desigualdades que existen no noso mundo, das causas que as provocan, e, á vez, facernos conscientes da necesidade da nosa implicación para ir creando un mundo máis xusto, son prioridades na nosa maneira de entender a educación.

No colexio priorizamos as nosas accións solidarias tendo en conta as necesidades próximas á nosa contorna  e  aquelas que promove a FISC, a nosa ONGD.

As súas dúas liñas de acción son:

  • A Educaciónpara o desenvolvemento:

Promove procesos educativos constantes, encamiñados a promover unha cidadanía global, a través de coñecementos,  actitudes e valores capaces de xerar unha cultura da solidariedade comprometida na loita contra a pobreza e a exclusión; así como  coa promoción do desenvolvemento humano e sustentable.

  • A Cooperación ao desenvolvemento:  

Financia proxectos e programas de cooperación nos países en vías de desenvolvemento.

 

Durante todo o ano, o colexio preocúpase de sensibilizar aos alumnos e alumnas para descubrir outras realidades e para sentir como propia a dor allea. Por unha banda, as festas da Nena María e Santa Xoana xiran en torno aos proxectos que a FISC propón. Por outra banda, hai dúas actividades na que todo o colexio tamén se implica dunha maneira total, como son a Operación Kilo (que recolle comida-para Caritas da parroquia dos PP Franciscanos-, xoguetes) e a Festa Solidaria do Libro (que recolle comida para o Banco de Alimentos da cidade). Tamén colaboramos coa Campaña do Domund,  con “Save the Children” na súa carreira solidaria (ás veces en carnavales, outras no día da Paz, …). E, por último, animamos a subscribirse e ler as revistas das Obras Misionais Pontificias (Gesto e Supergesto).

Pinchando aquí, podemos ver unha presentación coa mensaze de Papa Francisco con motivo da Campaña contra a Fame de Cáritas Internacional.