Sacramentos

A identidade cristiá do noso Colexio é un dos alicerces do noso Proxecto Educativo. Neste sinal de identidade o Colexio quere ser un útil instrumento aos alumnos que queiran profundar  no seguimento de Jesús. Por este motivo acompañamos aos alumnos no seu crecemento na fe, colaborando coas familias, na preparación dos sacramentos de iniciación cristiá.

O noso Colexio pertence á Parroquia dos PP Franciscanos e traballamos xuntos na preparación dos sacramentos da Comuñón e Confirmación. A Primeira Comuñón empézase a preparar en 3º de E. Primaria e remata coa celebración en xuño, ao finalizar 4º de E. Primaria. A meirande parte do noso alumnado recibe este Sacramento no Colexio.

A Confirmación ten unha media de 28 rapaces e rapazas, cunha alta participación nalgunha das actividades programadas pola Parroquia.

Todos os catequistas son profesores voluntarios que dan continuidade ao Proxecto Pastoral.