Ed. Primaria

A etapa de E. Primaria comprende ao alumnado de 6 a 12 anos.

Dende o colexio damos unha gran importancia a esta etapa por iniciar sistematicamente as competencias básicas. Cada alumno/a ten unhas características persoais que o fan único e por iso é convinte coñecer as súas potencialidades para o seu desenvolvemento máximo. Partindo do coñecemento das intelixencias múltiples para favorecer unha aprendizaxe baseada na experimentación e traballo cooperativo, a vivencia do que se aprende e a importancia da tecnoloxía.  É fundamental estruturar o cerebro con tal de fomentar unha aprendizaxe significativa e emocional. Dende a súa orixe o noso colexio aposta por unha formación de etapas ben feitas máis que ben cheas, intentado aportar todos os nosos recursos necesarios para os alumno/as. O alumno é o verdadeiro protagonista da súa propia aprendizaxe.

Ao chegar a esta etapa non é prioritario adquirir uns coñecementos básicos se non que a partir do traballo colectivo, desenvolvendo proxectos e tamén sen esquecer o traballo individual para acadar os obxectivos fundamentais para garantir o paso a secundaria.     

 

Por iso convén priorizar tamén un traballo partindo de valores útiles na convivencia diaria e que se concreten en cousas tan simples coma respectar os compañeiros, respectar o entorno onde se desenvolven, aprender a traballar en silencio, esforzándose día a día para superarse e dar o mellor dun mesmo.     

A partir dunha boa estruturación persoal facilitar a aprendizaxe dos procedementos que favorezan a aprendizaxe significativa dos diferentes conceptos traballados para chegar a comprender e entender e  poñelos en práctica  na vida diaria.

Áreas de traballo

·        Lingua Galega e Literatura.

·        Lingua Castelá e literatura.

·        Matemáticas.

·        Relixión.

·        Ciencias Sociais (impártense en galego).

·        Ciencias da natureza (Science, impártese integramente en inglés en toda Educación Primaria.

·        Lingua Inglesa.

·        Educación Artística: Musical e Plástica.

·        Educación Física.

·        Áreas de libre configuración TIC (6º e 4º de Ed. Primaria)

 

ACTIVIDADES COMPREMENTARIAS

      Biblioteca, Plan lector, teatro, lector inglés, concertos, visitas a museos, coñecemento da cidade, institucións, concello, estancia na Granxa Escola dende un día a unha sema. Convivencias, Formación humana e titorías de grupos (dinámicas de grupos e acompañamento).

ACCIÓN TITORIAL

      En primaria é continua a acción titorial que se iniciou na etapa de Educación Infantil e que terá unha maior relevancia en Secundaria. Esta tarefa xira arredor duns eixos claros e sólidos como son:

      Ensinanza personalizada e a atención a diversidade

Isto permite traballar segundo a propio ritmo madurativo respectando o ritmo de aprendizaxe a través de:

·        Grupos de atención personalizada.

·        Grupos de reforzo reducidos.

·        Atención personalizada a través do departamento de orientación.

·        Departamento psicopedagóxico.

·        Acción titorial grupal.

·        Acción titorial a partir de 5º de Educación Primaria.

Favorece o crecemento integral

Dende o colexio realizase un traballo continuo e sistemático dos hábitos, actitudes, valores a a regulación das propias emocións.

Este ámbito de traballo tan importante desenvólvese dende o proxecto de acción titorial e dende o proxecto de educación de interioridade. Isto significa valorar a convivencia diaria entre os compañeiros e mestres dentro do colexio para favorecer unha boa convivencia e un traballo baseado no respecto entre eles e o entorno. O propio coñecemento será un elemento clave para facilitar a interacción co seu entorno dunha maneira saudable e competente.

Todos e cada un de estes valores trabállanse e vívense dunha maneira especial nas actividades e  saídas que se realizan ao longo do curso.

Especialmente nas convivencias.

Trátase de saber ser, de saber facer, de saber estar, de medrar nos valores que fomenten e favorezan o respecto e o diálogo.

METODOLOXÍA EN EDUCACIÓN PRIMARIA

      Cada persoa é diferente e por iso dende o colexio desenvolvese unha atención personalizada atendendo á situacións diversas. Coñecer a fondo as propias capacidades e as diferentes intelixencias da persoa fará posible realizar unha diversificación curricular e metodolóxica.

 

DIVERSIFICACIÓN METODOLÓXICA

      A diversificación metodolóxica lévase a cabo a partir de:

·        O traballo en grupo e cooperativo.

·        Fomentar a propia creatividade.

·        Utilización das tecnoloxías da información e da comunicación.

·        Autoaprendizaxe e autoavaliación.

·        Traballo individual.

·        Uso e xestión correcta do material común.

·        Capacidade organizativa e autonomía.

·        Interacción co entorno.

 

DESENVOLVEMENTO DAS CAPACIDADE  NAS COMPETENCIAS BÁSICAS DAS INTELIXENCIAS MÚLTIPLES

      Esta diversificación metodolóxica vai acompañada dun traballo para desenvolver a CC.BB. e ir descubrindo as potencialidades da propia intelixencia nos seus múltiples ámbitos:

·        Aceptación do propio corpo e contrucción positiva de si mesmo.

·        Sociabilidade, relación grupal e afectiva.

·        Participación reflexiva e activa. Autonomía.

·        Interacción positiva co entorno.

·        Comportamento cívico e boa convivencia.

·        Enriquecemento intelectual. Imaxinación, curiosidade e creatividade.

·        Potenciación das habilidades lóxico-matemáticas.

·        Desenvolvemento das habilidades de expresión (tanto orais coma escritas).

·        Traballo intensivo da propia motricidade e a capacidade de aprender a través da interacción corporal quinestésica.

·        Adquisición da capacidade multisensorial que facilite a autoaprendizaxe.

·        Desenvolver habilidades sociais e dominio progresivo.

·        En toda esta etapa o ensino é plurilingüe.