Bacharelato

O noso Colexio ofrece un amplo abanico de posibilidades en bacharelato: a través da modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais, e da Modalidade de Ciencias, os nosos alumnos teñen a porta aberta á práctica totalidade dos estudos universitarios. Ademais, dentro de cada modalidade, os estudantes poden elixir entre un variado número de materias específicas (optativas), tales como Cultura Científica, Lingua Francesa, Tecnoloxías da Información e Comunicación, Literatura Universal, Ciencias da Terra e do Medio Ambiente, Historia da Arte, Economía, ou Educación para o Desenvolvemento en inglés.

Do mesmo xeito que en cursos anteriores, contamos cun profesor nativo británico para a parte oral dentro da materia de lingua inglesa.

Uns excelentes resultados, ano tras ano,  nas Probas de Acceso á Universidade avalan a boa preparación do noso alumnado.