Aula do Alumnado de Neae

A aula de Educación Especial conta con dúas profesoras especialistas e unha profesora de apoio que traballan co alumnado de Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria.

FUNDAMENTOS DO NOSO MODELO DE INTERVENCIÓN.

ESTRATEXIAS DE TRABALLO

A estratexia de traballo que propoñemos co noso alumnado fundaméntase nos seguintes autores e teorías:

- Vigotsky e as súas teorías da Zona de Desenvolvemento Próximo e a Lei da doble aparición das funcións superiores, que nos enmarca: o radio de acción da avaliación inicial e da intervención educativa, así coma a necesidade de compartir as aprendizaxes e coñecementos co fin de que nunha fase posterior o alumno/a os faga seus.

- Feuerstein e a súa teoría da Experiencia de Aprendizaxe Mediado e a Modificabilidade Xeral Cognitiva, que nos sinala a importancia que teñen as experiencias de aprendizaxe no desenvolvemento do suxeito e indica a importancia de mediar non so entre os contidos e a estructura cognitiva do suxeito, senón tamén na motivación, trascendencia e xeneralización das aprendizaxes.

- Bruner e a súa teoría da andamiaxe, que nos ven a resaltar a importancia de que as axudas proporcionadas ó suxeito se sitúen na tarefa escolar a unha distancia asequible para as súas capacidades e coñecementos.

- Ashman e Conway e a súa teoría da Instrucción Basada en Procesos que nos proporcionan as bases da intervención estratéxica, o que nos leva a priorizar na ensinanza os aspectos referidos ós procesos, en lugar dos aspectos conductuais.

A estratexia xeral de traballo que empregamos para intervir psicopedagóxicamente cos alumnos estructurámola da seguinte maneira:

Partimos dunha avaliación inicial que nos permite identificar axeitadamente o punto de partida da intervención así como a metodoloxía a seguir durante a mesma. Por outra banda tamén nos permite detectar os puntos fortes e débiles dos nosos alumnos para apoiarnos nos fortes e diminuir ou reducir a incidencia dos débiles.

En primeiro lugar facemos unha avaliación do historial de aprendizaxe do alumno centrándonos principalmente no seu historial escolar e social.

Para valorar a competencia curricular do suxeito en cada un dos bloques de contidos empregamos os instrumentos de recollida de información que resultan máis axeitados, procurando combinar procedementos cualitativos (entrevista ó titor, observación, análisis de traballos...) e cuantitativos (probas de nivel estandarizadas ou non).

Unha vez que sabemos qué é capaz de facer o alumno/a na área correspondente identificamos as axudas que resultan idóneas na intervención que vamos a realizar, para iso valoramos a Competencia Potencial (o que sería capaz de facer si lle facilitamos as tarefas) e o estilo de aprendizaxe (condicións que benefician ou perxudican o seu proceso de aprendizaxe).

Finalmente esta avaliación compleméntase coa valoración que o orientador realiza sobre os aspectos do desenvolvemento que sexa necesario en cada un dos alumnos (desenvolvemento e funcionamento cognitivo, sicoafectivo ou motriz).

A información obtida organizámola respecto a tres apartados:

- Metodoloxía: agrupamentos, materiais, estratexias, actividades, tempos...

- Interacción-motivación: reforzos, metas, relacións cos alumnos, relación cos profesores...

- Cognición: nivel atencional, erros na entrada da información, no razoamento e na emisión de respostas, estilo cognitivo...

 

PLANIFICACIÓN DO PROCESO DE INTERVENCIÓN.

Co obxectivo de optimizar os recursos, coordinar as accións educativas nunha mesma dirección e delimitar responsabilidades, a planificación do proceso de intervención facémola entre todos os profesionais participantes, acordando a proposta de servicios educativos que empregará o alumno (referidos ó currículum xeral que seguirá o alumno e aos tratamentos especializados).

Nas nosas intervencións didácticas cos alumnos e alumnas, actuamos sempre sobre tres eixos fundamentais mediante a realización de adaptacións curriculares:

          Adaptacións das tarefas escolares:empregamos estratexias facilitadoras das tarefas ou adaptamos as actividades ordinarias da aula. Son:

  • Adaptacións relacionadas co contido.
  • Adaptacións relacionadas co nivel de abstracción.
  • Adaptacións do nivel de complexidade.

 Adaptacións das condicións do contexto de ensinanza: modificamos as condicións do contexto da aula para facilitar o traballo escolar do alumno.

Os materiais: ofrecemos ó noso alumnado, sempre que é posible, materiais manipulativos e vivenciais que posibiliten o maior grado de significación e funcionalidade posible das aprendizaxes que teñen que realizar.

Os métodos e procedementos didácticos: é habitual que os alumnos que precisan da nosa intervención aprendan esencialmente por vía inductiva, polo que é necesario que os nosos métodos e técnicas didácticas empreguen esa vía para a exposición dos contidos. Sempre que é posible facemos un percorrido dende os exemplos ata o concepto.

Os agrupamentos: empregamos os seguintes:

  • Grupo coloquial: para avaliación dos coñecementos previos, postas en común, explicacións, diálogos...
  • Agrupamento cooperativo: para as aprendizaxes de carácter conceptual e para a aprendizaxe de procedementos e estratexias como son a comprensión de textos, resolución de problemas, elaboración de escritos...
  • Agrupamentos individuais: para as aprendizaxes de tipo mecánico (aprendizaxe de algoritmos, a suma e resta, as tablas de multiplicar...)

O tempo da tarefa.

As situacións de control: en ocasións debido as dificultades coa tarefa e a inexistencia de É por iso que en ocasións, situámolos en posicións cercanas a nos, o tempo que lles pedimos varias veces que nos indiquen qué parte da tarefa levan realizada e o que lles queda por realizar e posteriormente facemos unha corrección inmediata das mesmas.

Adaptacións referidas ó alumno:

- Motivación: un elemento que adquire especial importancia cando traballamos con alumnos con dificultades de aprendizaxe. A nosa intervención didáctica caracterizase por cuidar a introducción de elementos motivadores:

  • Antes de ensinar: recordándolle ó alumno a utilidade e sentido das aprendizaxes propostas.
  • Durante a ensinanza: axudando ó alumno na realización das tarefas cando se atope con dificultades.
  • Despois da ensinanza: establecendo a retroalimentación necesaria como para que os erros se convirtan en fonte de aprendizaxe.

 

- Coñecementos previos: consideramos fundamental reensinar ou lembrar aqueles coñecementos previos que o alumno non domina e que son fundamentais para a realización da tarefa. Deste xeito evitamos que se produzan bloqueos.

- Procedementos requeridos: a nosa estratexia caraterizase pola reensinanza tamén dos procedementos a seguir nas diferentes tarefas a realizar e garantimos que os nosos alumnos traballen dun xeito máis autónomo.

De calquera xeito, o que resulta especialmente importante e que a avaliación inicial do alumno finalice establecendo con claridade as Necesidades Educativas Especiais diferenciando:

 

- Necesidades Educativas Especiais de acceso: delimitamos o tipo de axudas materiais e persoais que o alumno precisa para acadar os obxectivos xerais da educación:

  • Materiais: axudas á comunicación, axudas á mibilidades e axudas á diminución visual.
  • Persoais: persoal de avaliación ou asesoramento, profesores de apoio, especialistas, cuidadores ...

- Necesidades Educativas Especiais de Modificación Curricular: cambios a implementar no currículum do grupo-clase co fin de axeitalo tanto ao punto de partida do alumno coma ao seu estilo de aprendizaxe.

  • Cambios nos obxectivos, contidos e criterios de avaliación: priorizamos, modificamos e eliminamos ou introducimos.
  • Cambios nos instrumentos de avaliación.
  • Cambios na metodoloxía: técnicas e procedementos que empregaremos en cada caso, agrupamentos axeitados, tipos de tarefas e estratexias de aprendizaxe que resultan axeitadas.