Relación Familia-Escola

A Compañía de María no seu Proxecto Educativo considera á familia fundamental na educación e na transformación da sociedade. Por isto, o obxectivo prioritario do noso Colexio é a implicación das familias. Partindo dun clima de confianza e colaboración, queremos que se sintan partícipes na educación dos seus fillos e fillas e como primeiros educadores, ofrecerlles a posibilidade de formación e participación, na liña do noso Ideario.

PARTICIPACIÓN DE NAIS E PAIS

Os pais e nais participan e colaboran en:

-     Consello Escolar (un pai e tres nais forman parte do máximo órgano de decisión do Centro).

-     O AMPA (Asociación de nais e pais - anpa@ciamariacoruna.org).

Esta asociación persegue varios obxectivos de tipo educativo:

·      Colaborar, realizar e potenciar as Actividades Complementarias e Extraescolares do Centro.

·      Participar en festas e celebracións (Santa Xoana, Nadal, Festa de 2.º de Bacharelato, clausura das Actividades Extraescolares e Complementarias, celebración del ¨Día do Libro”, Semana da Ciencia…).

·      Organizar conferencias.

·      Planificar e acompañar aos alumnos/as de 6.º de Primaria e de 4.º de ESO.

·      Animar ás familias a participar na vida escolar.

 

-     Participan no Proxecto de Interioridade e Rede Laical.

-     Asisten ás conferencias que organiza o Equipo Directivo en colaboración co Departamento de Orientación.

-     Colaboran co profesorado e alumnos/as no VOLUNTARIADO, que fai vivir a solidariedade e o compromiso máis aló das aulas.

-     Participan na actividade de “Portas Abertas” (Educación Infantil, Educación Primaria e ESO).

-     Asisten ás reunións de principio de curso e ás entrevistas cos titores/as, coordinadores e dirección do Centro.

-     Asisten a todos aqueles actos e celebracións nos que son invitados polos profesores titores ou pola Dirección.