Misión,Visión e Valores

MISIÓN

A razón de ser do Colexio Compañía de María de A Coruña  é educar a cada persoa como axente de cambio e transformación da sociedade, de maneira integral e harmónica, desde unha perspectiva humanista-cristiá inspirada no carisma  de Santa Juana de Lestonnac.

VISIÓN

Queremos ser:

-  Un centro referente en calidade educativa:

-  Que ofreza ao alumnado a posibilidade duna educación plurilingüe.

-  Con unha actualización constante no uso das novas tecnoloxías:TIC,  TAC e as TEP.

-  Aberto á incorporación de proxectos de innovación.

-  Comprometido coa realidade.

VALORES

Os valores cos que nos comprometemos no noso modo de proceder e de relacionarnos cos demais grupos de interés:

- Respecto :

Como valor que faculta á persoa para o recoñecemento, aprecio e estimación das calidades dos demais e dos seus dereitos. Ha de ser recoñecido como un valor central para lograr que as persoas fomenten o diálogo e a aceptación dunha  convivencia do eu cos demais.

- Transparencia :

Como xeradora de confianza, de información adecuada para saber onde estamos, que temos e que pretendemos conseguir. Os nosos grupos de interese han de coñecer a nosa actividade, os nosos logros, os nosos puntos fortes e os aspectos nos que debemos mellorar. Transmitir  o que somos, facemos e queremos conseguir.

- Integridade :

Como actitude coherente coa misión institucional, os compromisos ou acordos adoptados.

- Honradez:

Comportamento ético.