Historia do Colexio

O 12 de marzo de 1917 chegan á Coruña 15 relixiosas da Compañía de María procedentes de Orduña (Biscaia) e o primeiro colexio situado no Corgo, empeza a funcionar o 1 de Setembro de 1917.

O 27 de Xuño de 1925 trasládase o colexio ao edificio situado en Calvo Sotelo 2, aínda sen terminar todas as obras.

O 13 de Maio de 1931 as relixiosas vense obrigadas a deixar o colexio con motivo da proclamación da República, reincorporándose de novo en 1932.

Durante a Guerra Civil a parte destinada a clases foi ocupada para hospital de sangue dos feridos de guerra e as relixiosas continúan a Misión educativa no colexio e o seu labor como enfermeiras dos soldados.

Nas décadas dos anos 40 e 50, ademais de impartirse clases de Cultura Xeral e preparación para as alumnas de estudos de Comercio, solicitouse a autorización para impartir Bacharelato.

Nas décadas dos 60 e 70 impártese tamén o Bacharelato Laboral Elemental e Superior.

En 1970 créase xuridicamente a 1ª Asociación de pais de Alumnos.

No ano 1977 impártese a coeducación empezando polos primeiros niveis.

No curso 1985-86 recíbese por primeira vez a subvención para a E.X.B. e durante os dous cursos seguintes o colexio recibe a concesión do Concerto en réxime singular e posteriormente en réxime xeral.

No curso 1990-91 apróbase e  concertase  unha Aula de Educación Especial para atender á demanda do alumnado con necesidades educativas especiais.

No curso 1991-92 o colexio recibe a aprobación da subvención a E.Infantil.

No ano 1992 a Titularidade do colexio pasa á Fundación Compañía de María que é rexida por un Padroado constituído por 7 membros: 3 nomeados pola Compañía de María, un profesor, un pai ou nai de alumnos e o Director/a de o Colexio.

Na o actualidade no colexio impártese o 2º ciclo de E. Infantil, E. Primaria, ESO e Bacharelato (3 aulas por curso) e segue funcionando a aula de E. Especial.

O Colexio é concertado en todos os niveis agás o Bacharelato.