1º/4º ESO: Ledicia Costas

O xoves día 22 de febreiro, tivemos a honra de que Ledicia Costas nos visitase e se reunise co alumnado de 1º e 4º da ESO que previamente leran dúas das súas obras (Escarlatina, a cociñeira defunta O corazón de Xúpiter). 

A xuntanza tivo lugar na biblioteca onde houbo ocasión de intercambiar e compartir experiencias lectoras e de satisfacer curiosidades sobre a autora e as súas obras.