3ºESO: Premios na USC

Ignacio Souto Gómez-Portales de 3º ESO gañou a fase galega do concurso "Explica Geografía con tus fotos" organizado pola Asoc. de Geógrafos Españoles en colaboración co Dpto. de Xeografía da Universidade de Santiago de Compostela. Tamén resultou finalista Javier Arcay Manteiga.

Ignacio Souto e Javier Arcay están clasificados para a final nacional e foron recoñecidos cuns agasallos pola organización. O acto tivo lugar o pasado 9 de maio, día de Europa, na Facultade de Xeografía e Historia da USC con presenza do decano, Francisco Durán, e de representantes do Departamento de Xeografía así como da Asociación de Geógrafos Españoles.